viernes, 29 de julio de 2016

 

Actualización do marco de referencia da Orientación Laboral, impartido por Mayte Deus Trasobares o día 9 de xullo de 2016.

 

Nesta sesión impartida por Mayte Deus o sábado día 9 foi moi interesante porque nos permitiu aprender e debater sobre o apaixonante traballo da orientación.





Unha das primeiras diapositivas que se amosaron, foi a dos contidos da orientación e a súa importancia tanto dentro das políticas pasivas coma activas de emprego e as distintas estratexias tanto individuais como colectivas que se utilizan coma ferramentas.

Unha vez definidas tanto as estratexias coma as actuacións, abriuse un interesante debate na aula sobre as nosas propias experiencias, do traballo diario dos e das orientadoras en diferentes comarcas, con diferentes sectores económicos e diferentes sectores de poboación.




A clase maxistral, a partir deste momento, adquiriu un talante máis relaxado, e o aprendizaxe non só proviña do encerado e das diapositivas, senón da experiencia de moitas das profesionais alí congregadas. Falamos dos obxectivos (a inserción e promoción profesional dos nosos usuarios), dos principios da orientación (baseados na individualización, a flexibilidade e o desenvolvemento en busca da propia autonomía), e da metodoloxía de intervención, sendo o mellor método a entrevista, ben individual ou ben colectiva.

Neste punto tamén xurdiu outro debate moi enriquecedor onde todas e todos expuxemos a nosa propia experiencia coas entrevistas tanto individuais coma colectivas e canto enriquecedoras e positivas poden chegar a ser. O importante é establecer un clima de confianza e no caso dos grupos, que éste sexa homoxéneo en canto as actitudes (positivas, con ganas de cambiar a súa situación, colaboradoras, empáticas, solidarias co resto do grupo e, sobre todo, xenerosas en canto as aportacións individuais para que o propio grupo medre coas aportacións á colectividade)






Dentro das entrevistas individuais, quedou claro que o itinerario personalizado de inserción é a chave para manter o seguimento e supervisión do traballo, necesidades e asesoramento personalizado dos demandantes de emprego tanto en canto a mellora do seu perfil a través da formación que máis se axuste, coma a mellora das técnicas e ferramentas de búsqueda activa de emprego (entrevistas de traballo: cómo prepararse; currículo: cómo redactalo para que sexa máis atractivo; portais de emprego; etc)






O proceso de búsqueda de emprego comezará necesariamente cun exercicio de autocoñecemento, a través do cal, podamos identificar nosas competencias laborais e as nosas preferencias profesionais. Crearemos un mapa de capacidades, destrezas, habilidades e aptitudes que ligadas as nosas preferencias en profesións, salarios, xornadas e noso ámbito xeográfico de búsqueda, daranos o noso perfil profesional.




¿QUERES SABER TODO O QUE ACONTECEU NA SESIÓN? AQUÍ TES O STORIFY 






Para saber máis;

A) Deixámosvos vínculos a test e vídeos para comezar cun exercicio de autocoñecemento


B) Imprescindibles





Mercedes Martínez, Carmen Cortés, Montse Sanromán, Lucila Cano, Yolanda Cela

No hay comentarios:

Publicar un comentario