martes, 19 de julio de 2016

TAREFA GRUPAL MODULO 1 - ESTRATEXIA DE ORIENTACIÓN



TAREFA GRUPAL MODULO 1 - ESTRATEXIA DE ORIENTACIÓN

Carmen Cortés Soliño
Mercedes Martínez Barreiro
Montserrat Sanromán Fontenla
Lucila Cano Santiago



1-. COLECTIVO

Beneficiarios do programa de Activación do Emprego

O colectivo ao que vai dirixido esta estratexia é aos PAE, que maioritariamente son mulleres (nun 75% aproximadamente)

O PAE está dirixido a parados de longa duración con cargas familiares que esgotaron todas as prestacións.

As mulleres foron as primeiras expulsadas do mercado laboral por mor da crise, xa que eran as que tiñan as condicións máis precarias e con contratos temporais. Son as que teñen máis dificultades de acceso ao mercado xa que sobre elas recae a responsabilidade de nenos e maiores.


2-. ESQUEMA DO PROCEDEMENTO DE ESTRATEXIA

a) Primeira toma de contacto

Dende a solicitude do PAE ten un mes para entregar no SEPE a BAE. É durante este mes cando se fai esta entrevista. Información ao demandante de emprego sobre o programa que solicitou. Dereitos e obligacións de activación. Revisión e actualización da demanda de emprego.

b) Primeira entrevista de orientación

Unha vez que teña aprobado o PAE. Completamos a demanda de emprego cos informes que solicitamos na primeira entrevista. Perfís profesionais tendo en conta a súa experiencia laboral, a formación e os seus intereses. Normalmente facemos varios perfis.

Requisitos de acceso ao mercado laboral, baseados no perfil profesional acorde aos seus intereses.

Canles de búsqueda de emprego. Rede de contactos, autocandidatura, ett´s…

Asesoramento para o CV, revisión do seu cv actual.

Nivel de alfabetización dixital.

Motivación para emprendela BAE. Traballo en equipo co demandante de emprego.

Capacidade para a formación e motivación para ela, tanto ocupacional, como académica, regrada ou non regrada e competencias clave.

Dispoñibilidade xeográfica

Pedimos información sobre a súa situación familiar e responsabilidades. Xa que esta condición vai determinar a maior ou menor dispoñibilidade para realizar as accións de búsqueda de emprego e será un condicionante.


3-. DESENVOLVEMENTO DO ESQUEMA DE DIAGNÓSTICO

Habilidades e competencias que posúe. Debilidades e carencias que ten que transformar en fortalezas e oportunidades.

O IPI é obrigado, polo tanto temos seis meses por diante para levar a cabo todas estas accións en función das súas posibilidades e intereses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario