miércoles, 20 de julio de 2016

Tarefa Individual Bloque 1.Introducción ao mercado laboral español. Marco Conceptual.



Introducción ao mercado laboral español. Marco Conceptual.



1) Mercado de traballo
2) Actualización do marco de referencia da orientación laboral
3) Reflexións
4) Para saber máis




1) Mercado de traballo
  
Básicamente, o equilibrio do mercado laboral ríxese por dous elementos, a oferta de traballo e a demanda de traballo. Este equilibrio ven determinado polos distintos factores que conforman estes dou elementos, como poden ser os demográficos, sociais, culturais, etc.

Pero hai tamén outro factor a ter en conta, que é o paro. Existen diferentes teorías con respecto a este elemento, das que salientamos dúas; o modelo clásico, cuxo principal autor foi Adam Smith, e a teoría de Keynes.

A principal diferenza entre as dúas teorías é que o modelo clásico propón que a oferta e a demanda teñen que atoparse sen que o estado teña que facer ningún tipo de intervención, que o mercado laboral pódese regular só xa que a entrada de elementos intervencionostas descolocaría o punto de equilibrio e poríao nunha posición irreal. Se os precios e os salarios son flexibles, os mercados se equilibran; por exemplo, se hai moito paro, as empresas poden contratar máis traballadores por salarios máis baixos, o que ao mesmo tempo reduce a taxa de desemprego. Deste xeito, só aqueles que se negan a traballar por este salario baixo son os que estaría en situación de desemprego, polo tanto, sería un desemprego voluntario.



                                          
                                          *divertido vídeo explicativo das dúas teorías



A partires da depresión do 29, apareceu a teroría keynesiana, a cal, botaba por terra a teoría clásica xa que era imposible soster que soamente existía o desemprego voluntario cando millóns de traballadores estaban no paro. Ademáis, os bancos son reticentes a conceder préstamos cando as previsións económicas non son prometedoras, có que contribúe a agravar a desaceleración económica.








2) Actualización do marco de referencia da orientación laboral

Salvando as distancias, hoxe en día atopámonos nunha situación similar. Hai factores novos a ter en conta, como a renovación tecnolóxica e o mantemento do estado do benestar.

Un dos elementos que participan para a mellora do estado do benestar é a orientación laboral.

A orientación laboral, é unha das políticas activas de emprego que, no caso de España, son competencia do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE). Cada comunidade autónoma ten competencia sobre o desenvolvemento destas políticas, particularmente en Galicia, o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). (Real Decreto 1375/1997)

As politicas pasivas xunto coas activas forman parte das políticas de emprego dun país co fin de procurar o pleno emprego. As pasivas teñen como obxectivo manter a renda do desempregado e as activas aumentar o nivel de inserción a través de distintas acuacións. Se ben é tradicional a diferenza entre as dúas, nos últimos tempos esa fronteira está máis difuminada, sobre todo polo feito de que se está a tomar conciencia de que as políticas pasivas sirva aos fins das políticas activas.

Deste xeito búscase incentivar que os desempregados retornen canto antes ao mercado de traballo ou se utilizan as prestacións por desemprego de maneira capitalizada (abonándose na súa totalidade), permitindo que os desempregados pasen á condición de traballadores autónomos.

Outro elemento a ter en conta nesta tendencia é a vinculación de certas prestacións co requisito de paricipar en actividades que melloren a súa empregabilidade.

A medio camiño entre as políticas activas e as pasivas están as medidas de fomento do emprego coas súas perspectivas de actuación; fomento xeral ou específico de só certos colectivos, fomento da contratación indefinida fronte ao fomento temporal, etc.

Todas estas políticas veñen recollidas no PAPE que é O Plan Anual de Política de Emprego . Éste contén servizos (accións) e programas (medidas) de políticas activas de emprego que se van levar a cabo nas Comunidades Autónomas, tanto financiadas mediante fondos estatais, distribuídos de acordo cos criterios obxectivos acordados pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, como con recursos económicos propios, así como as accións e medidas que vai realizar, no seu ámbito de competencia, o propio Servizo Público de Emprego Estatal.

As políticas activas de emprego en España, a partires de 2013, seguen unha nova estratexia baseada nas liñas de actuación que foron acordadas coas Comunidades Autónomas no seo da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais de 11 de abril de ese mesmo ano. A chave do cambio ao novo modelo de Políticas Activas de Emprego está na modificación do modelo de financiamento e xestión, articulado en torno a instrumentos xurídicos pensados para establecer un novo marco orientado cara á consecución de determinados obxectivos.

Lembramos a evolución do paro rexistrado en España dende 1990. 


(Fonte INE) 


3) Reflexións

Analizando esta táboa, pódese observar os ciclos da evolución do paro rexistrado, e chama poderosamente a atención tanto as baixadas como as subidas tan grandes nun curto período de tempo. Coido que tanto as políticas pasivas como as activas son necesarias, imprescindibles, pero non é o único que poderá modificar estes brincos. O que necesitamos para evitar estas diferenzas entre ciclos é un cambio no modelo productivo. Non só nos podemos adicar á construcción e a un turismo de cualificación baixa. Temos recursos humáns suficientes para garantir un éxito nun modelo produtivo baseado no I+D+i., enerxías renovables, turismo de calidade, producción de bens de alta cualificación... 

Pero claro, isto é pensar a medio/longo prazo... ¿algún goberno destes de turno que se anime? (ironic way) ;)



4) Para saber máis





 






No hay comentarios:

Publicar un comentario